Alumnado do Voluntariado de 6º E.P. colaborou co equipo de biblioteca na celebración do Magosto - Samaín.
Mauro presentou a entrega de premios do Concurso de cabazas:
Alumnado do Voluntariado de 6º E.P. colaborou co equipo de biblioteca na celebración do Magosto - Samaín.
Mauro presentou a entrega de premios do Concurso de cabazas:
Aínda que a biblioteca está pechada no 1º trimestre ( reformas LÍA 3) levarase a cabo a inscrición do Voluntariado de lectura - A.
Despois de explicar a actividade nas aulas de 5º e 6º E.P. pasouse a folla de inscrición de colaboradores da biblioteca escolar para o curso 2022-23.
Apuntáronse un total de 39 alumnos/as: 15 de 5º E.P.; 24 de 6º E.P.
Aquí tedes o resultado:
O xoves 16 de xuño, Daniela, a madriña lectora de Yeicob, contou "O soño do osiño rosa" para todo o alumnado de Infantil e en especial para o seu afillado.
Aos nenos e nenas de Infantil gustoulles moito o conto e como mostra de cariño e agrademento, o alumnado de 6º Infantil elaborou uns fermosos agasallos para Daniela.
De parte de Daniela, moitas grazas, a todos e a todas, por tan fermosos agasallos e á mestra Mari, por todo o que hai detrás.
Premendo na imaxe, accederás aos agasallos.
Daniela, a madriña lectora de Yeicob, escolleu varios contos na biblioteca para lerlle ao seu afillado.
O xoves 2 de xuño, Sofía, a madriña lectora de Yoel, contou "Tento e mailo seu amito" para todo o alumnado de Infantil e en especial para o seu afillado.
Aos nenos e nenas de Infantil gustoulles moito o conto e como mostra de cariño e agradecemento, o alumnado de 6º Infantil elaborou uns fermosos agasallos para Sofía.
De parte de Sofía, moitas grazas a todos e a todos por tan fermosos agasallos e a mestra Mari por todo o que hai detrás.
Premendo na imaxe, accederás aos agasallos.
Sofía, a madriña lectora de Yoel escolleu varios contos na biblioteca para lerlle ao seu afillado.
Aquí está, de novo, Lara, a madriña lectora de Cheikh e Pilar, que vai contar un conto para todo o alumnado do CEIP "Os Muíños" e en especial aos seus afillados lectores.
O conto escollido é "Mi mascota Dogui"
Rematamos curso con moi boas noticias para o alumnado do Voluntariado ( axudantes de biblioteca e apadriñamentos lectores).
Polo traballo realizado o Voluntariado deste curso escolar, somos un dos 10 centros premiados dun total de 64 memorias presentadas.
O noso Voluntariado desfrutará dun premio que consiste nun obradoiro especializado.
Para máis información, preme na imaxe.
O xoves 26 de maio, Uxía, a madriña lectora de Gabriel, contou para todo o alumnado de Infantil e en especial para o seu afillado "Monstruo Rosa".
Aos nenos e nenas de Infantil gustoulles moito o conto e como mostra de cariño e agradecemento, o alumnado de 6º Infantil elaborou uns fermosos agasallos para Uxía.
De parte de Uxía, moitas grazas a todos e a todas por tan fermosos agasallos e a mestra Mari por todo o que hai detrás.
Premendo na imaxe, accederás aos agasallos.
O xoves, 19 de maio, Iván, o padriño lector de Alma, contou para todo o alumnado de Infantil e en especial para a súa afillada "O bonito de Burela".
Aos nenos e nenas de Infantil gustoulles moito o conto e como mostra de cariño e agradecemento, os de 6º de Infantil elaboraron uns fermosos agasallos para Iván.
De parte de Iván, moitas grazas a todos e a todas por tan fermosos agasallos e a mestra Mari por todo o que hai detrás.
Premendo na imaxe, accederás aos agasallos.
Aquí está, de novo, Uxía, a madriña lectora de Gabriel preparada para contarlle un conto a todo o alumnado do CEIP "Os Muíños" e en especial ao seu afillado.
O conto escollido é "Monstruo Rosa".
Iván, o padriño lector de Alma, escolleu tres contos na biblioteca para lerllle á súa afillada.
Co motivo da celebración do Día das Letras Galegas realizouse unha campaña de expurgo en galego para o alumnado de Primaria, o venres 13 de maio, en horario escolar.
Noa, Karen e Iván, alumnado do Voluntariado, elaboraron o cartel da campaña e prepararon a exposición.
Premendo na imaxe, accederás á actividade.
O xoves 12 de maio, Yanira, a madriña lectora de Martín, contou para todo o alumnado de Infantil "Mi orinal".
Aos nenos e nenas de Infantil gustoulles moito o conto e como mostra de cariño e agradecemento, os de 6º de Infantil elaboraron uns fermosos agasallos para Yanira.
De parte de Yanira, moitas grazas a todos e a todas por tan fermosos agasallos e a mestra Mari por todo o que hai detrás.
Premendo na imaxe, accederás aos agasallos.
Yanira, a madriña lectora de Martín, escolleu varios contos na biblioteca para lerlle ao seu afillado.
O martes, 11 de maio, Daniela contou "Pinocho" para todo o alumnado de 1º2º E.P. e en especial para Dylan, o seu padriño lector.
Dylan elaborou na aula, coa axuda da súa titora Susana, un fermoso agasallo.´
Daniela, a madriña lectora de Dylan, escolleu varios libros na biblioteca para lerlle ao seu afillado.
O xoves 5 de maio, Cristela, a madriña lectora de Maira, contou para todo o alumnado de Infantil "Pétala".
Gustoulles moito e como mostra de cariño e agradecemento, o alumnado elaborou uns fermosos agasallos para Cristela.
Premendo na imaxe, accederás aos agasallos.
Cristela, a madriña lectora de Maira, gústalle moito o conto "Pétala" e quere compartilo con todo o alumnado de Infantil pero en especial coa súa afillada.
Aquí a tedes escollendo libros na biblioteca.
O martes 3 de maio, Diego contou "A máscara do león" para todo o alumnado de 1º2º E.P. e en especial para Carla e Simón, os seus afillados lectores.
Carla e Simón elaboraron na aula, coa axuda da súa titora Susana, uns fermosos agasallos.
Con moito cariño para o seu padriño!
Diego, o padriño lector de Carla e Simón, está na biblioteca, cos seus compañeiros escollendo libros para contarlle aos seus afillados.
O xoves 28 de abril, Diana, a madriña lectora de Lara e Yael, contou para todo o alumnado de Infantil "MISTER CORVO".
Gustoulles moito e como mostra de cariño e agradecemento, o alumnado elaborou uns fermosos agasallos para Diana.
Premendo na imaxe, accederás aos agasallos.
Diana, a madriña lectora de Lara e Yael, escolleu varios libros na biblioteca para contarlle aos seus afillados lectores.