venres, 25 de xaneiro de 2019

luns, 14 de xaneiro de 2019

Colaboración no mural da Paz

Desde a biblioteca propúxose unha actividade para a semana da Paz tiulada "Pintamos a Paz". O Voluntariado axudou na elaboración do mural.

Preme AQUÍ

venres, 11 de xaneiro de 2019

Bruno, Emma, Zaira e Marta


Aquí estamos de volta das vacacións de Nadal e o Voluntariado xa está atento ás quendas deste cuatrimestre que está por vir.
Do 8 ao 11 de xaneiro é a quenda de Bruno, Emma, Zaira e Marta que están coas pilas cargadas e con ganas de empezar.



















Bruno e Zaira están no Meiga anotando todo o alumnado que está neste momento na biblioteca.

 Aquí está o Voluntariado desta semana axudando na elaboración do mural de 5º E.P. "A voz da muller".

Preme AQUÍ para ver máis fotos.


Un libro máis para o recuncho de elaboracións propias

Á volta das vacacións de Nadal, o Voluntariado de lectura elaborou un libro cos folios de intercambio das familias na campaña de expurgo de Nadal: "Con nome de muller"
Este libro está na biblioteca no recuncho de elaboracións propias. Johana que é unha gran artista, elaborou a portada e a contraportada.
Grazas polo traballo feito e pola gran idea que tivéchedes!