O xoves 2 de xuño, Sofía, a madriña lectora de Yoel, contou "Tento e mailo seu amito" para todo o alumnado de Infantil e en especial para o seu afillado.
Aos nenos e nenas de Infantil gustoulles moito o conto e como mostra de cariño e agradecemento, o alumnado de 6º Infantil elaborou uns fermosos agasallos para Sofía.
De parte de Sofía, moitas grazas a todos e a todos por tan fermosos agasallos e a mestra Mari por todo o que hai detrás.
Premendo na imaxe, accederás aos agasallos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario