venres, 29 de novembro de 2019

Yeison, Luc, Sheila e Iria

Na semana do 25 ao 29 de novembro foi a quenda de Yeison, Luc, Sheila e Iria. 

















Foi unha semana de moitos préstamos e devolucións...
Luc é un experto é ensinou aos compañeiros.
Controlando a zona de xogo...

venres, 22 de novembro de 2019

Iria, Tamara, Raquel e Adela

Na semana do 11 ao 22 de novembro foi a quenda de Iria, Tamara, Raquel e Adela. 














Foi unha semana de moito traballo...
Ordenaron libros nos andeis.
Axudaron aos compañeiros nos distintos espazos da biblioteca.
Préstamos e devolucións no Meiga.
Reparto do correo da Curuxa polas titorías. Entrega de materiais e explicación da actividade do 25N "Vive".

venres, 15 de novembro de 2019

Andrea, Shamira, Jesús e Carla

Aquí temos a Andrea, Shamira, Jesús e Carla que estrean a actividade do Voluntariado, na semana que vai do 11 ó 15 de novembro. Estaban desexando empezar, moito lles tardaba...
Andrea e Shamira xa son expertas na materia porque este  é o seu segundo curso como axudantes. Jesús e Carla empezaron o curso pasado como auxiliares.
Foi unha semana de moito traballo, houbo moitos préstamos de películas e libros. 

venres, 8 de novembro de 2019

Iván, Mencía, Yaiza e Gabriela

Estamos na primeira semana do mes que vai do 4 ao 8 de novembro. É a quenda de Iván, Mencía, Yaiza e Gabriela. 
Iván, Mencía e Yaiza estrean a actividade do Voluntariado. Gabriela é experta na materia porque este é o segundo ano como axudante da biblioteca. 


Mencía foi a encargada  da zona de lectura. 
 ( reorganización dos recunchos lectores).
Yaiza estivo nas zonas de lectura e xogo axudando a Mencía e a Gabriela.
Iván encargouse da zona de consulta.
Gabriela estivo na zona de xogo.