venres, 29 de outubro de 2021

VOLUNTARIADO ( OUTUBRO)

O alumnado do Voluntariado está moi motivado e con moitas ganas de empezar.

Xa están preparados para desenvolver as súas tarefas: 

- Ordenar libros nos andeis.

- Xestión de préstamos e devolucións de libros e películas.

- Rexistro no caderno de ordenadores.

- Colaborar co equipo de biblioteca na elaboración de materiais para a realización de actividades dinamizadoras da biblioteca. 

- Presentación virtual de festivais.

Aquí tedes un resumo do mes de outubro.

venres, 1 de outubro de 2021

INSCRICIÓN VOLUNTARIADO DE LECTURA - A

 Explicouse a actividade do Voluntariado A nas aulas de 5º e 6º E.P. 

A continuación entregouse aos titores respectivos, a folla de inscrición de colaboradores da biblioteca escolar escolar curso 2021/22. 

Apuntáronse un total de 42 alumnos/a, 24 de 5º E.P e 18 de 6º E.P.

Aquí tedes o resultado:

O noso agradecemento ata o infinito e moito máis 👌😍