O xoves, 19 de maio, Iván, o padriño lector de Alma, contou para todo o alumnado de Infantil e en especial para a súa afillada "O bonito de Burela".
Aos nenos e nenas de Infantil gustoulles moito o conto e como mostra de cariño e agradecemento, os de 6º de Infantil elaboraron uns fermosos agasallos para Iván.
De parte de Iván, moitas grazas a todos e a todas por tan fermosos agasallos e a mestra Mari por todo o que hai detrás.
Premendo na imaxe, accederás aos agasallos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario