Aquí temos a Marta, Silvia, Emma e Valentina que estrean a actividade do Voluntariado, na semana que vai do 8 ó 11 de outubro. Estaban desexando empezar, moito lles tardaba...
Marta e Silvia xa son expertas na materia porque este é o seu terceiro curso como axudantes. Emma e Valentina empezaron o curso pasado como auxiliares.
Para calquera das catro, a semana pasou voando. Grazas por tanta ilusión e traballo e grazas, tamén, ós mestres de garda pola súa implicación na formación do Voluntariado.
Ningún comentario:
Publicar un comentario