Forman o equipo de colaboradores 10 alumnas de 5º e 9 alumnos/as de 6º E.P.
Xa están preparados para desenvolver as súas tarefas:
- Ordenar libros nos andeis.
- Préstamo e devolución de libros e películas.
- Axudar na elaboración dos materiais de dinamización.
- Expurgo
- Colaborar e axudar ós compañeiros na busca de libros adaptados ás idades.
- Levar o correo e as novas da Curuxa ás titorías. Reparto de materiais.
- Organizar e ordenar o recuncho de lectura da entrada da biblioteca.
- Facer control diario en Meiga do alumnado que entra na biblioteca, no recreo da mañá.
Aquí temos o Voluntariado de 5º e 6º E.P.
Grazas a Yasmín, Graciela, Noa, Candela, Emma, Valentina, Judhit, Adela, Candela, Adela, Marta, Tatiana, Sara, Silvia, Lucas, Gabriel, Bruno, Johana e Alba.
Ningún comentario:
Publicar un comentario