venres, 26 de outubro de 2018

Sara, Lucas, Yasmín e Judith

Do 22 ó 26 de outubro foi a quenda de Sara, Lucas, Yasmín e Judith. 
Sara e Lucas xa son veteranos. Para Yasmín e Judith é a súa primeira experiencia como axudantes. O curso pasado iniciáronse como auxiliares.
O mércores 24, coincidindo co Día das Bibliotecas Escolares , o Voluntariado tivo que repartir as mochilas viaxeiras, dúas en cada aula, unha vermella e outra azul.
Grazas a todos polo voso traballo!


















venres, 19 de outubro de 2018

Tatiana, Bruno, Adela e Zaira

Do 15 ó 19 de outubro, foi a quenda de Tatiana, Bruno, Adela e Zaira. 
A Tatiana e a Bruno gústalles moito ser axudantes, este xa é o terceiro curso como axudantes. Para Adela e Zaira é a súa primeira experiencia. 
Moitas grazas polo voso traballo.


























xoves, 18 de outubro de 2018

Facendo e aprendendo

Coma sempre, a inicio de curso, o equipo de biblioteca decora o colexio acorde ó tema anual. O Voluntariado colabora aportando ideas, elaborando distintos materiais e a darlle forma a este inicio do proxecto que este curso vai sobre a muller.
Aquí tedes un vídeo resumo da actividade.

xoves, 11 de outubro de 2018

Marta, Silvia, Emma e Valentina

Aquí temos a Marta, Silvia, Emma e Valentina que estrean a actividade do Voluntariado, na semana que vai do 8 ó 11 de outubro. Estaban desexando empezar, moito lles tardaba...
Marta e Silvia xa son expertas na materia porque este  é o seu terceiro curso como axudantes. Emma e Valentina empezaron o curso pasado como auxiliares.
Para calquera das catro, a semana pasou voando.  Grazas por tanta ilusión e traballo e grazas, tamén, ós mestres de garda pola súa implicación na formación do Voluntariado.



















luns, 8 de outubro de 2018

Equipo colaboradores 2018/19

Forman o equipo de colaboradores 10 alumnas de 5º e 9 alumnos/as de 6º E.P.
Xa están preparados para desenvolver as súas tarefas:
  • Ordenar libros nos andeis.
  • Préstamo e devolución de libros e películas.
  • Axudar na elaboración dos materiais de dinamización.
  • Expurgo
  • Colaborar e axudar ós compañeiros na busca de libros adaptados ás idades.
  • Levar o correo e as novas da Curuxa ás titorías. Reparto de materiais.
  • Organizar e ordenar o recuncho de lectura da entrada da biblioteca.
  • Facer control diario en Meiga do alumnado que entra na biblioteca, no recreo da mañá.
Aquí temos o Voluntariado de 5º e 6º E.P.
Grazas a Yasmín, Graciela, Noa, Candela, Emma, Valentina, Judhit, Adela, Candela, Adela, Marta, Tatiana, Sara, Silvia, Lucas, Gabriel, Bruno, Johana e Alba.

xoves, 4 de outubro de 2018

Reunión na bibilioteca

O 4 de outubro reuníronse na biblioteca o novo equipo de Voluntariado coa mestra María José, para recordar normas, guía do axudante, tarefas...