xoves, 26 de maio de 2022

AGASALLOS PARA UXÍA

O xoves 26 de maio, Uxía, a madriña lectora de Gabriel, contou para todo o alumnado de Infantil e en especial para o seu afillado "Monstruo Rosa".

Aos nenos e nenas de Infantil gustoulles moito o conto e como mostra de cariño e agradecemento, o alumnado de 6º Infantil elaborou uns fermosos agasallos para Uxía.

De parte de Uxía, moitas grazas a todos e a todas por tan fermosos agasallos e a mestra Mari por todo o que hai detrás.

Premendo na imaxe, accederás aos agasallos.

mércores, 25 de maio de 2022

AGASALLOS PARA IVÁN

O xoves, 19 de maio, Iván, o padriño lector de Alma, contou para todo o alumnado de Infantil  e en especial para a súa afillada "O bonito de Burela".

Aos nenos e nenas de Infantil gustoulles moito o conto e como mostra de cariño e agradecemento, os de 6º de Infantil elaboraron uns fermosos agasallos para Iván.

De parte de Iván, moitas grazas a todos e a todas por tan fermosos agasallos e a mestra Mari por todo o que hai detrás. 

Premendo na imaxe, accederás aos agasallos.

UXÍA CONTA "MONSTRUO ROSA"

Aquí está, de novo, Uxía, a madriña lectora de Gabriel preparada para contarlle un conto a todo o alumnado do CEIP "Os Muíños" e en especial ao seu afillado.

O conto escollido é "Monstruo Rosa". 

martes, 24 de maio de 2022

DAIANA CONTA "A NOITE DAS MUDANZAS"

Aquí temos, unha vez máis, a Daiana, madriña lectora de Ainara e Nicolás que lles vai contar outro conto titulado "A noite das mudanzas". 

Aquí está rexistrando o préstamo.

Aí vai, para todo o alumnado de 1º e 2º E.P. e en especial para Ainara e Nicolás.


mércores, 18 de maio de 2022

IVÁN CONTA "O BONITO DE BURELA"

Iván, o padriño lector de Alma, escolleu tres contos na biblioteca para lerllle á súa afillada.

Dos libros escollidos, o que máis lle gustou foi:

Iván conta para todo o alumnado de Infantil, e en especial para ALMA


xoves, 12 de maio de 2022

CAMPAÑA DE EXPURGO "EN GALEGO XA, SI!"

Co motivo da celebración do Día das Letras Galegas realizouse unha campaña de expurgo en galego para o alumnado de Primaria, o venres 13 de maio, en horario escolar. 

Noa, Karen e Iván, alumnado do Voluntariado, elaboraron o cartel da campaña e prepararon a exposición. 

Premendo na imaxe, accederás á actividade.


Desde o equipo de biblioteca, o noso agradecemento ata o infinito e máis.

AGASALLOS PARA YANIRA

O xoves 12 de maio, Yanira, a madriña lectora de Martín, contou para todo o alumnado de Infantil "Mi orinal".

Aos nenos e nenas de Infantil gustoulles moito o conto e como mostra de cariño e agradecemento, os de 6º de Infantil elaboraron uns fermosos agasallos para Yanira.

De parte de Yanira, moitas grazas a todos e a todas por tan fermosos agasallos e a mestra Mari por todo o que hai detrás. 

Premendo na imaxe, accederás aos agasallos.