luns, 13 de novembro de 2017

Lucía, Gabriel e Silvia

Aquí temos a Lucía, Gabriel e Silvia que estrearon a actividade do "Voluntariado A" neste novo curso escolar na semana que vai do 6 ao 10 de novembro. Estaban desexando empezar, moito lles tardaba...
Lucía é toda unha experta na materia xa que este é o seu terceiro ano como axudante de biblioteca. Silvia empezou o curso pasado e para Gabriel é a súa primeira experiencia. Para calquera dos tres, a semana pasou voando. O venres estaban tristes porque era o seu último día desta primeira quenda. Vémonos, de novo, a primeiros do segundo trimestre. 
Grazas por tanta ilusión e polo voso traballo e grazas tamén ás mestras de garda pola implicación na formación da voluntariado.















domingo, 5 de novembro de 2017

Novo curso, novos colaboradores

O 24 de outubro reuníronse na biblioteca o novo equipo de Voluntariado coa mestra María José para recordar normas, guía do axudante, tarefas... 
E hoxe, 6 de novembro empezamos...
Aquí temos ao alumnado voluntario de 6º
Grazas a  Antía, Andrea, Paula, Lucía, Martín, Sara e Carla.

Alumnado voluntario de 5º
Grazas a Shiva, Tatiana, Bruno, Marta, Sara, Silvia, Johana, Gabriel, Lucas e Diego.

Equipo colaboradores 1718
10 nenas e nenos de 5º e 7 de 6º de E.P. forman o grupo de alumnos colaboradores da biblioteca. 
Xa están preparados para desenvolver a súas tarefas:
- Colocar correctamente os libros nos andeis.
- Realizar préstamos e devolucións de libros e películas.
- Axudar na elaboración de materiais de dinamización da biblioteca.
- Axudar no cumprimento das normas.
- Retirar os libros deteriorados.
- Colaborar cos demais, especialmente co alumnado de 1º ciclo, a buscar libros apropiados á súa idade.
- Levar o correo da "Curuxa" ás titorías.
- Organizar e ordenar o curruncho de lecturas.
- Levar control do número de alumnado que visita diariamente a biblioteca.





















Moitas grazas a todos!

venres, 13 de outubro de 2017

Novo curso, novo Voluntariado

Super noticia para o alumnado de 5º e 6º de E.P. Empezamos co Voluntariado da biblioteca este mes de outubro. Na semana que ven  xa vos podedes anotar. 

luns, 19 de xuño de 2017

mércores, 14 de xuño de 2017

Claudia, Eloy e Silvia

Na semana que vai do 5 ao 9 de xuño estiveron de axudantes veteranos Eloy e Claudia. Silvia estrouse como auxiliar e está moi contenta, di que para o próximo curso vai anotarse no voluntariado de lectura. Grazas por tanta ilusión e traballo.


















sábado, 10 de xuño de 2017

Diana, Damián e Diego

Do 29 de maio ao 2 de xuño é a quenda de Damián, Diana, que xan son veteranos, e Diego que inicia  a súa primeira experiencia como axudante de biblioteca. 
A Diego gústanlle moito as actividades do voluntariado, sobre todo, as que se fan no ordenador como por exemplo préstamos e devolucións. Outra actividade que lles gusta moito, a calquera dos tres, é ordenar libros. Moitas grazas polo voso traballo.