luns, 13 de novembro de 2017

Lucía, Gabriel e Silvia

Aquí temos a Lucía, Gabriel e Silvia que estrearon a actividade do "Voluntariado A" neste novo curso escolar na semana que vai do 6 ao 10 de novembro. Estaban desexando empezar, moito lles tardaba...
Lucía é toda unha experta na materia xa que este é o seu terceiro ano como axudante de biblioteca. Silvia empezou o curso pasado e para Gabriel é a súa primeira experiencia. Para calquera dos tres, a semana pasou voando. O venres estaban tristes porque era o seu último día desta primeira quenda. Vémonos, de novo, a primeiros do segundo trimestre. 
Grazas por tanta ilusión e polo voso traballo e grazas tamén ás mestras de garda pola implicación na formación da voluntariado.















1 comentario:

  1. Querida Catuxa:
    Encantoume participar na biblioteca podendo axudar como se fora unh@ profe. Alegrame saber que Gabriel se animara este ano a participar como voluntario. Encantoume unha foto na que aparezo subida a escaleira e Nartin esta debaixo, os dous de espaldas colocando libros.
    Atentamente:
    Alguen que lle gusta ler

    ResponderEliminar