Neste segundo trimestre demos comezo, na semana do 22 ao 26 de xaneiro, a unha actividade que lle encanta ao alumnado, os "Apadriñamentos Lectores"( Voluntariado D). O alumnado de 5º e 6º comparte lecturas, na "Hora de Ler" co alumnado de Infantil e 1º-2º E.P.
Os maiores ( 5º e 6º E.P.) adoptan o papel de padriños e madriñas e os pequenos ( Infantil e 1º 2º E.P.) de afillados e afilladas.
A actividade desenvólvese nas aulas dos afillados/as e na biblioteca.
As "madriñas lectoras" e "padriños lectores" de 5º E.P. len os venres aos "afillados e afilladas" de 1º e 2º E.P.
As "madriñas lectoras" e "padriños lectores" de 6º E.P. len os martes, aos "afillados e afilladas" de Infantil.
Ningún comentario:
Publicar un comentario