venres, 2 de febreiro de 2024

SEGUNDA XORNADA: 2 DE FEBREIRO

 Despois do primeiro encontro o pasado martes, cheo de expectativas e emoción, hoxe  reencontrámonos padriños e afillados. Imos disfrutar lendo e escoitando...


martes, 30 de xaneiro de 2024

Voluntariado D: Primeira Xornada

 Hoxe comezamos os apadriñamentos lectores. Deixamos aquí o video que recolle os mellores momentos dos apadriñamentos de 5º de E.P. Eles e elas inícianse nesta tarefa, na que algún día foron afilladas e afillados. 


venres, 26 de xaneiro de 2024

"APADRIÑAMENTOS LECTORES"

Neste segundo trimestre demos comezo, na semana do 22 ao 26 de xaneiro, a unha actividade que lle encanta ao alumnado, os  "Apadriñamentos Lectores"( Voluntariado D). O alumnado de 5º e 6º comparte lecturas, na "Hora de Ler" co alumnado de Infantil e 1º-2º E.P.

Os maiores ( 5º e 6º E.P.) adoptan o papel de padriños e madriñas e os pequenos ( Infantil e 1º 2º E.P.) de afillados e afilladas. 

A actividade desenvólvese nas aulas dos afillados/as e na biblioteca. 

As "madriñas lectoras" e "padriños lectores" de 5º E.P. len os venres aos "afillados e afilladas" de 1º e 2º E.P.

As "madriñas lectoras" e "padriños lectores" de 6º E.P. len os martes, aos "afillados e afilladas" de Infantil.