venres, 11 de decembro de 2020

OBRADOIRO DE RADIO

O noso centro, xunto con outros nove, foi seleccionado pola Comisión de Valoración, logo de avaliar as 88 memorias de actividades recibidas por parte dos centros adheridos á iniciativa "Voluntariado de lectura-A", en función do interese e calidade das actividades realizadas no curso 2019/20. 

Grazas á asignación recibida por este recoñecemento, o alumnado de 6º que participou neste programa puido desfrutar dun obradoiro de radio escolar, na man de Sergio Pascual, formador de Laboratorio de Radio. A actividade desenvolveuse na biblioteca os días 4 e 11 de decembro.



Preme nas imaxes para acceder ás sesións do obradoiro de Radio.

Ningún comentario:

Publicar un comentario