Premendo nas imaxes, accederás ás fotos de cada día da semana.
DO 30 AO 4
LUNS
Premendo nas imaxes, accederás ás fotos de cada día da semana.
DO 30 AO 4
LUNS
Tamara e Mencía, alumnas do Voluntariado, fixeron un "Canto de cego" para anunciar a conmemoración do Nadal.
Organizaron a actividade as coordinadoras da biblioteca e Normalización Lingüística en colaboración co Voluntariado.
O noso centro, xunto con outros nove, foi seleccionado pola Comisión de Valoración, logo de avaliar as 88 memorias de actividades recibidas por parte dos centros adheridos á iniciativa "Voluntariado de lectura-A", en función do interese e calidade das actividades realizadas no curso 2019/20.
Grazas á asignación recibida por este recoñecemento, o alumnado de 6º que participou neste programa puido desfrutar dun obradoiro de radio escolar, na man de Sergio Pascual, formador de Laboratorio de Radio. A actividade desenvolveuse na biblioteca os días 4 e 11 de decembro.
Preme nas imaxes para acceder ás sesións do obradoiro de Radio.
O venres 4 de decembro, Susana e María José, membros do equipo de biblioteca, repartiron o material ao alumnado de 5º do curso pasado que agora están en 6º.