xoves, 20 de xuño de 2019

Despedida do Voluntariado

O xoves 20 de xuño xuntámonos todos na biblioteca para facer público o noso agradecemento, ata o infinito, aos axudantes de biblioteca de 5º e 6º E.P. 
Iniciou o acto o alumnado de 4º,5º de Infantil contándonos o conto "O coelliño branco" a través dun teatro de sombras. 
O equipo de biblioteca agradeceu o gran labor do Voluntariado e Apadriñamentos e entregou os diplomas e camisetas enviados pola Xunta de Galicia.
Preme na imaxe para ver fotos da actividade.
Agardamos que o vindeiro curso escolar se apunte moito alumnado e para os que se van, boa andaina nesta nova etapa.
Moitas grazas e feliz verán!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario