O 24 de outubro reuníronse na biblioteca o novo equipo de Voluntariado coa mestra María José para recordar normas, guía do axudante, tarefas...
E hoxe, 6 de novembro empezamos...
Aquí temos ao alumnado voluntario de 6º
Grazas a Antía, Andrea, Paula, Lucía, Martín, Sara e Carla.
Alumnado voluntario de 5º
Grazas a Shiva, Tatiana, Bruno, Marta, Sara, Silvia, Johana, Gabriel, Lucas e Diego.
Equipo colaboradores 1718
10 nenas e nenos de 5º e 7 de 6º de E.P. forman o grupo de alumnos colaboradores da biblioteca.
Xa están preparados para desenvolver a súas tarefas:
- Colocar correctamente os libros nos andeis.
- Realizar préstamos e devolucións de libros e películas.
- Axudar na elaboración de materiais de dinamización da biblioteca.
- Axudar no cumprimento das normas.
- Retirar os libros deteriorados.
- Colaborar cos demais, especialmente co alumnado de 1º ciclo, a buscar libros apropiados á súa idade.
- Levar o correo da "Curuxa" ás titorías.
- Organizar e ordenar o curruncho de lecturas.
- Levar control do número de alumnado que visita diariamente a biblioteca.