domingo, 6 de novembro de 2016

Axudantes voluntarios

Aquí temos aos axudantes voluntarios deste curso. Están moi motivados e con moitas ganas de empezar. É alumnado de 5º e 6º que se presenta voluntario para axudar nas tarefas da biblioteca: xestionar os préstamos, ordenar e colocar os libros nos andeis, colaborar e axudar aos compañeiros máis pequenos,...
Iniciamos a actividade na primeira semana do mes de novembro. Recordade que na entrada da biblioteca, á esquerda, tedes un cartel coas quendas e outro coas normas. É importante que os leades. 
Moitas grazas polo voso traballo e moito ánimo.




Ningún comentario:

Publicar un comentario