domingo, 27 de novembro de 2016

Guía do auxiliar de biblioteca para o curso 2016/17

Aquí tedes a guía de axudantes de biblioteca. Por favor, botádelle unha ollada, axudará a recordar o esquecido.

Alejandra e Alpha

Alejandra e Alpha chegaron coas pilas cargadas para facer fronte a esta semana que vai do 21 ao 25 de novembro. Hai moito que facer ... pero coa axuda das mestras Lidia e Isabel todo será doado. Grazas polo voso traballo e grazas tamén a Lidia e a Isabel. 


















domingo, 20 de novembro de 2016

Manuel e Claudia

Na semana  do 14 ao 18 de novembro foi a quenda de Claudia e  Manuel. Foi unha semana de moito traballo porque houbo moitos préstamos e devolucións. Non daban feito porque xa non se acordaban da súa xestión pero a mestra Rosa, que estaba de guardia, botoulles unha man para recordar e reforzar o que tiñan esquecido. Enseguida se puxeron ao día e a verdade é que traballaron moitísimo. Gracias polo voso traballo e grazas tamén á mestra Rosa. 

       






















         
  

martes, 8 de novembro de 2016

Ainhoa e Sandro

Nesta semana que vai do 7 ao 11 de novembro, os auxiliares de biblioteca son Ainhoa e Sandro. Grazas polo voso traballo.







domingo, 6 de novembro de 2016

Axudantes voluntarios

Aquí temos aos axudantes voluntarios deste curso. Están moi motivados e con moitas ganas de empezar. É alumnado de 5º e 6º que se presenta voluntario para axudar nas tarefas da biblioteca: xestionar os préstamos, ordenar e colocar os libros nos andeis, colaborar e axudar aos compañeiros máis pequenos,...
Iniciamos a actividade na primeira semana do mes de novembro. Recordade que na entrada da biblioteca, á esquerda, tedes un cartel coas quendas e outro coas normas. É importante que os leades. 
Moitas grazas polo voso traballo e moito ánimo.




Alejandra e Javier

Coa chegada de novembro iniciaron a actividade de auxiliares de biblioteca Alejandra e Javier. Tocoulles ser os primeiros.  Chegaron moi puntuales e con moitas ganas. Moitas grazas.