luns, 21 de marzo de 2022

RAFA CONTA "O MUNDO NOS OLLOS"

Rafa escolleu varios contos na biblioteca para lerlle á súa afillada lectora María. 

Entre os libros escollidos, o que máis lle gustou foi "O mundo nos ollos".
Aí vai, para todo o alumnado de 1º e 2º e en especial para María.

mércores, 16 de marzo de 2022

AGASALLOS PARA KAREN

O alumnado de 6º de Infantil e en especial Yerai e Paola, envían, con moito cariño uns agasallos para Karen. 
Premendo na imaxe accederás aos agasallos.

KAREN CONTA "TRES DESEXOS"

Karen escolleu, con moita ilusión, tres contos na biblioteca para elixir o lectura que imos desfrutar todos e en especial os seus afillados Yerai e Paola.


Mentres escollía as lecturas atopou un libro que a ela lle encanta e sentouse no recuncho da biblioteca para ler un anaco.


Entre as lecturas escollidas a que máis lle gustou foi "Tres desexos".


Para todos e en especial para Yerai e Paola:


AGASALLOS PARA AINARA

O 15 de marzo, Ainara contou "Pequeno azul e pequeno amarelo" para todo o alumnado de 1º2º E.P. e en especial para Martín e Carla, os seus afillados lectores.  Gustoulles moito!

Martín e Carla elaboraron na aula, coa axuda da mestra Susana, uns fermosos agasallos. 

luns, 14 de marzo de 2022

AINARA CONTA "PEQUENO AZUL E PEQUENO AMARELO"

Ainara escolleu na biblioteca varios contos para lerlle aos seus afillados Martín e Carla e o que máis lle gustou foi "Pequeno azul e pequeno amarelo".

Escollendo os libros na biblioteca...

Rexistrando o préstamo no caderno de "Apadriñamentos lectores".

Contando...

mércores, 9 de marzo de 2022

AGASALLOS PARA INÉS

O xoves 10 de marzo o alumnado de Infantil escoitou o conto "Chibos, Chibóns" contado por Inés, a madriña lectora de Noa e Fran. Gustoulles moito e como mostra de cariño elaboraron uns debuxos para Inés. 

De parte de todo o alumnado de 6º de Infantil e en especial de Noa e Fran. 

Premendo na imaxe, accederás aos debuxos.

INÉS CONTA "CHIBOS, CHIBÓNS"

Inés, a madriña lectora de Noa e Fran, escolleu varios contos na biblioteca para lerlle aos seus afillados lectores. 

Aquí está no recuncho da biblioteca lendo os libros escollidos.
O que máis lle gustou foi "Chibos, Chibóns". 
Aí vai, para todos e en especial para Noa e Fran.