luns, 6 de marzo de 2017

Manuel e Diana

Manuel e Diana estiveron de axudantes de biblioteca do 20 ao 24 de febreiro. Coma o resto dos compañeiros chegaron con ilusión e moitas ganas. Para Diana foi a primeira experiencia e Manuel xa é veterano. 
Estreáronse como repartidores do correo da curuxa, gustoulles moito. Grazas polo voso traballo e grazas tamén á mestra Rosa pola súa implicación na formación do voluntariado. 










mércores, 22 de febreiro de 2017

Saray e Paula

Do 13 ao 17 de febreiro estiveron de axudantes  Saray e Paula. Foi unha semana bastante tranquila, e Saray aproveitou a ocasión para explicarlle con calma a xestión dos préstamos e devolucións a Paula que foi a súa primeira experiencia como axudante de biblioteca. Saray explicou moi ben e Paula aprendeu moi rápido. Moitas grazas polo voso traballo. 








martes, 14 de febreiro de 2017

Saray e Sara

Xa estamos en febreiro. Na semana do 6 ao 10 foi a quenda de Saray e Sara. 
Saray xa é unha experta na materia e enseguida puxo ao día a Sara. Compenetráronse moi ben e fixeron un gran labor. Grazas ás dúas.








María e Sandro

Na semana que vai do 30 de xaneiro ao 3 de febreiro estiveron de axudantes María e Sandro. 
María xa estivo o ano pasado como axudante de biblioteca pero pasou moito tempo e tiña algunhas cousiñas esquecidas. Púxose ao día enseguida coa axuda do seu compañeiro e das mestras de garda. Grazas polo voso traballo e grazas, coma sempre, ás mestras de garda pola súa implicación. 












luns, 30 de xaneiro de 2017

Lucía e Ainhoa

Na semana que vai do 23 ao 27 de xaneiro estiveron de axudantes Ainhoa e Lucía. Que maneira de traballar.... A verdade é que
estiveron moi compenetradas. 
O voluntariado ten unha función nova, repartir o correo da Curuxa Catuxa polas aulas na hora de ler. 
Tocou repartir correo así que estrearon as viseiras  e moi contentas saíron da biblioteca camiño das aulas. Moitas grazas polo voso traballo.