Na semana que vai do 16 ao 20 de xaneiro tocoulle a quenda a Adriana e Carla. Coma sempre, non faltaron ganas nin ilusión. Seguimos na mesma liña do primeiro trimestre. Dá gusto ter axudantes tan eficientes e con tantas ganas de aprender. Moitas grazas ás dúas e tamén, coma sempre, ás mestras Lidia e Rosa pola súa paciencia e implicación.
domingo, 29 de xaneiro de 2017
xoves, 26 de xaneiro de 2017
Voluntariado 2º trimestre
Hoxe, 26 de xaneiro, a Consellería publicou a relación de centros adheridos na iniativa "Voluntariado de lectura A". Se premedes aquí, podedes ver que nesa relación de centros inscritos estamos nós.
Rematamos as quendas do primeiro trimestre no que o voluntariado de 6º fixo un gran labor, colaborando con moita ilusión desde o primeiro día, procurando aprender algo novo cada recreo.
Iniciamos o 2º trimestre con novos voluntarios.
Sete alumnas de quinto queren formar parte do voluntariado. Para algunhas xa é o 2º curso e outras estréanse como axudantes de biblioteca.
Este segundo trimestre iniciamos novas quendas co alumnado de 5º e 6º. Os máis veteranos axudarán aos máis pequenos e xuntos faremos un bo traballo.
Moitas grazas a todos pola vosa colaboración.
sábado, 14 de xaneiro de 2017
Laura e Kevin
A semana do 9 ao 13 de xaneiro estiveron de axudantes Laura e Kevin. Chegaron coas pilas cargadas e falta fixo, porque foi unha semana de moito choio... Moitas grazas polo voso traballo. Grazas tamén, coma sempre, ás mestras de garda, neste caso a Isabel e Lidia, pola súa implicación na formación do voluntariado.
domingo, 18 de decembro de 2016
Damián e Lara
Do 12 ao 16 de novembro tocoulles a quenda a Damián e a Lara. Coma o resto dos compañeiros, chegaron con ilusión e moitas ganas. As mestras de garda, Rosa, Isabel e Lidia, botaronlles unha man e axudaron a refrescar a memoria. Grazas polo voso traballo e grazas tamén ás mestras pola súa implicación na formación do voluntariado.
domingo, 11 de decembro de 2016
Saray
O 7 e o 9 de decembro estivo de axudante Saray. Xa é unha experta e non tivo problema en afrontar o traballo ela soa. Non precisou da axuda das mestras de garda porque practica moi a miúdo, pois sempre se mostra voluntaria en todos os recreos para axudar nas tarefas da biblioteca. Moitas grazas Saray.
luns, 5 de decembro de 2016
Saray e Eloy
Na semana que vai do 28 de novembro ao 2 de decembro, estiveron de axudantes Eloy e Saray. Como o resto dos compañeiros chegaron con moita ilusión e ganas. As mestras de garda, neste caso Aurelia e Lidia, sempre lles botan unha man axudándolles nos préstamos e devolucións, a gardar libros... O primeiro día failles falta porque non recordan ben o que xa tiñan aprendido nos cursos anteriores. Moitas grazas polo voso traballo e grazas tamén a Aurelia e a Lidia.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)