Neste segundo trimestre demos comezo, na semana do 19 ao 23 de xaneiro, a unha actividade que lle encanta ao alumnado, os "APADRIÑAMENTOS LECTORES" ( Voluntariado D).
O alumnado de 5º e 6º E.P. comparten lecturas os martes e xoves, na "Hora de Ler", co alumnado de Infantil e 1º-2º E.P.
Os maiores ( 5º e 6º E.P.) adoptan o papel de padriños e madriñas; os pequenos ( Infantil e 1º-2º EP) de afillados e afilladas.
A actividade desenvólvese nas aulas dos afillados.
Apadriñamentos 5º E.P. - 1º-2ºE.P.
Apadriñamentos 6º E.P. - INFANTIL
