O martes, 28 de marzo, na "Hora de Ler", as madriñas e padriños lectores compartiron momentos de lectura cos seus afillados e afilladas de Infantil.
martes, 28 de marzo de 2023
venres, 24 de marzo de 2023
MOMENTOS DE LECTURA ( VOLUNTARIADO 5º E.P. - 1º 2º E.P.)
O venres, 24 de marzo, na "Hora de Ler", os padriños e madriñas lectoras de 5º E.P. compartiron momentos de lectura cos seus afillados e afilladas de 1º e 2º E.P.
mércores, 22 de marzo de 2023
MOMENTOS DE LECTURA ( VOLUNTARIADO 6º - INFANTIL)
O martes, 22 de marzo, na "Hora de Ler" os padriños e madriñas lectores compartiron momentos de lectura cos seus afillados e afilladas de Infantil.
venres, 17 de marzo de 2023
LECTURAS COMPARTIDAS ( 5º E.P.)
Na semana do 13 ao 17 de marzo, iniciaron os "Apadriñamentos lectores".
Aquí tedes ao Voluntariado de 5º E.P. ( padriños e madriñas lectoras) compartindo lecturas cos seus afillados e afilladas de 1º e 2º E.P.
martes, 14 de marzo de 2023
LECTURAS COMPARTIDAS ( VOLUNTARIADO 6º E.P.)
Na semana do 13 ao 17 de marzo, iniciaron os "Apadriñamentos Lectores". Os martes le 6º E.P. a Infantil e os venres, 5º a 1º e 2º E.P.
Os encontros realízanse nas aulas de Infantil e 1º ciclo, na "Hora de Ler".
Aquí está o Voluntariado de 6º E.P. ( padriños e madriñas lectoras) compartindo lecturas cos seus afillados e afilladas de Infantil.
luns, 13 de marzo de 2023
INICIAMOS "APADRIÑAMENTOS LECTORES"
Na semana do 13 ao 17 de marzo inician os "Apadriñamentos lectores".
As "madriñas lectoras" e "padriños lectores" de 5º E.P. len os venres, na "Hora de Ler" aos "afillados e afilladas" 1º e 2º E.P.
venres, 10 de marzo de 2023
PREPARACIÓN, ORGANIZACIÓN.
O venres 10 de marzo, os padriños e madriñas lectores de 5º e 6º E.P. con moita ilusión, escolleron as lecturas para os seus afillados e afilladas de Infantil e 1º ciclo.
xoves, 9 de marzo de 2023
mércores, 8 de marzo de 2023
APADRIÑAMENTOS LECTORES ( VOLUNTARIADO D)
O mércores 2 de marzo, convocouse na biblioteca unha reunión para informar ao alumnado de 5º e 6º E.P. sobre a actividade "Apadriñamentos lectores" que inicia este trimestre.
A continuación pasóuselles a folla de inscrición. Anotáronse 28 voluntarios/as: 14 de 5º e 14 de 6º E.P.