mércores, 26 de outubro de 2022

VOLUNTARIADO ( OUTUBRO)

Alumnado do Voluntariado de 6º E.P. colaborou co equipo de biblioteca na celebración do Magosto - Samaín.

Mauro presentou a entrega de premios do Concurso de cabazas: 


Lara presentou o conto viaxeiro "UN MAR DE MEDOS" contado por 8 nenos e nenas do club de lectura "Papalibros".

luns, 3 de outubro de 2022

INSCRICIÓN VOLUNTARIADO DE LECTURA - A

 Aínda que a biblioteca está pechada no 1º trimestre ( reformas LÍA 3) levarase a cabo a inscrición do Voluntariado de lectura - A.

Despois de explicar a actividade nas aulas de 5º e 6º E.P. pasouse a folla de inscrición de colaboradores da biblioteca escolar para o curso 2022-23.

Apuntáronse un total de 39 alumnos/as: 15 de 5º E.P.; 24 de 6º E.P. 

Aquí tedes o resultado:



O noso agradecemento ata o infinito e moito máis.