xoves, 28 de abril de 2022

AGASALLOS PARA DIANA

O xoves 28 de abril, Diana, a madriña lectora de Lara e Yael,  contou para todo o alumnado de Infantil "MISTER CORVO". 

Gustoulles moito e como mostra de cariño e agradecemento, o alumnado elaborou uns fermosos agasallos para Diana. 

Premendo na imaxe, accederás aos agasallos. 

mércores, 27 de abril de 2022

DIANA CONTA "MISTER CORVO"

Diana, a madriña lectora de Lara e Yael, escolleu varios libros na biblioteca para contarlle aos seus afillados lectores. 

Entre os libros escollidos, o que máis lle gustou foi:
Diana conta, para todo o alumnado de Infantil e en especial para Lara e Yael.

martes, 26 de abril de 2022

AGASALLOS PARA GUADALUPE

O martes 26 de abril, Guadalupe contou "MONSTRUO ROSA" para todo o alumnado de 1º2º E.P. e en especial para Arya e Pablo, os seus afillados lectores. 

Arya e Pablo elaboraron na aula, coa axuda da súa titora Susana, uns fermosos agasallos. 

Con moito cariño, para a súa madriña!

luns, 25 de abril de 2022

GUADALUPE CONTA "MONSTRUO ROSA"

Guadalupe, a madriña lectora de Arya e Pablo, vai contar "MONSTRUO ROSA".


Para todo o alumnado de 1º2º E.P. e en especial para Arya e Pablo.

xoves, 21 de abril de 2022

AGASALLOS PARA NATALIA

O xoves 21 de abril, o alumnado de Infantil escoitou o conto "A bruxa regañadentes" contado por Natalia, a madriña lectora de Adriana e Hugo. 

Gustoulles moito e como mostra de cariño e agradecemento, o alumnado elaborou uns debuxos  para Natalia.

Premendo na imaxe, accederás aos agasallos.

NATALIA CONTA "A BRUXA REGAÑADENTES"

Natalia, a madriña lectora de Adriana e Hugo, escolleu libros na biblioteca para lerlle aos seus afillados. 

Entre os libros escollidos, o que máis lle gustou foi:
Natalia conta para todo o alumnado de Infantil e en especial para Adriana e Hugo.

mércores, 20 de abril de 2022

AGASALLOS PARA MAURO

O martes 19 de abril, Mauro contou "Sopa de nada" para todo o alumnado de 1º2º E.P. e en especial para Mara e Xoel, os seus afillados lectores. 

Mara e Xoel elaboraron na aula, coa axuda da súa titora Susana, uns fermosos agasallos. 

Con moito cariño, para o seu padriño!

martes, 19 de abril de 2022

MAURO CONTA "SOPA DE NADA"

Mauro, o padriño lector de Mara e Xoel estivo na biblioteca escollendo contos para os seus afillados.

Dos libros escollidos o que máis lle gustou foi:
Mauro conta para todo o alumnado de 1º2º E.P. e en especial para Mara e Xoel.

domingo, 10 de abril de 2022

MONTANDO O RECUNCHO LECTOR

Contamos coa axuda e colaboración de Noa, Karen, Cristela, Anxo, Uxía, Daniela e Noemí, alumnado do Voluntariado de 6º E.P., para montar o recuncho de "Vaille co conto ao profe" e "Canto conto ten o profe" situado no vestíbulo da escola. Tamén elaboraron o cartel.  

Premendo na imaxe, accederás as fotos da realización do cartel por parte do Voluntariado. 
O noso agradecemento ata o infinito e moito máis.

venres, 8 de abril de 2022

BALEIRANDO A BIBLIO...

Na semana do 4 ao 8 de abril, grazas á colaboración do Voluntariado de 5º e 6º de Primaria,  baleiramos a biblioteca porque iniciamos as reformas.

AGASALLOS PARA NOEMÍ

O xoves 7 de abril, o alumnado de Infantil escoitou o conto "Coas mans baleiras" contado por Noemí, a madriña lectora de Jorge e Ainhoa. Gustoulles moito e como mostra de cariño elaboraron uns debuxos para Noemí.

Premendo na imaxe, accederás aos agasallos.

xoves, 7 de abril de 2022

NOEMÍ CONTA "COAS MANS BALEIRAS"

Noemí, a madriña lectora de Ainhoa e Jorge, estivo na biblioteca escollendo contos para os seus afillados.

Aquí está esperando a súa quenda para facer o rexistro no "Caderno de Apadriñamentos lectores".
Dos libros escollidos, o que máis lle gustou foi
Noemí conta para todo o alumnado de Infantil e especial para Ainhoa e Jorge.

GRAZAS


mércores, 6 de abril de 2022

AGASALLOS PARA AINHOA

 O martes 5 de abril, Ainhoa contou "Esto no es una selva" para todo o alumnado de 1º2º E.P. e en especial para Alex e Camila, os seus afillados lectores. Gustoulles moito!

Alex e Camila elaboraron na aula, coa axuda da súa titora Susana, uns fermosos agasallos.

luns, 4 de abril de 2022

AINHOA CONTA "ESTO NO ES UNA SELVA"

Aquí está Ainhoa, a madriña lectora de Alex e Camila, escollendo as lecturas na biblioteca.

Xa rexistrou os contos no "Caderno de Apadriñamentos" e lévaos para casa na súa mochila vermella para lelos e escoller a lectura.
Dos contos que levou o que máis lle gustou foi
Aí vai, para todo o alumnado de 1º-2º E.P. e en especial para Alex e Camila.