O alumnado de 6º Infantil e en especial, Nerea, a afillada lectora de Manuel, envíanlle con moito cariño e ilusión estes agasallos.
Premendo na imaxe, accederás aos agasallos.
O alumnado de 6º Infantil e en especial, Nerea, a afillada lectora de Manuel, envíanlle con moito cariño e ilusión estes agasallos.
Premendo na imaxe, accederás aos agasallos.
Manuel escolleu, con moita ilusión, tres contos na biblioteca para lelos e decidir cal lle gusta máis para compartilo coa súa afillada lectora Nerea.
O martes 29 de marzo, o alumnado de 1º2º E.P. escoitou o conto "Tres han de ser" contado por Lara, a madriña lectora de Cheikh e Pilar. Gustoulles moito e como mostra de cariño, os seus afillados elaboráronlle uns agasallos na aula coa axuda da súa titora Susana.
Lara, a madriña lectora de Cheikh e Pilar, escolleu varios contos na biblioteca e o que máis lle gustou para compartir con todo o alumnado de 1º e 2º e en especial cos seus afillados lectores foi "Tres han de ser".
O alumnado de 6º de Infantil e en especial, Shaila e Alex, os afillados lectores de Noa, envíanlle con moito cariño e ilusión estes agasallos.
Premendo na imaxe, accederás aos agasallos.
Noa, a madriña lectora de Shaila e Alex, escolleu tres contos na biblioteca para lerlle aos seus afillados lectores.
O martes 22 de marzo, o alumnado de 1º2º E.P. escoitou o conto "O mundo nos ollos" contado por Rafa, o padriño lector de María. Gustoulles moito e como mostra de cariño, a súa afillada lectora elaboroulle un agasallo na aula, coa axuda da súa mestra Susana.
Rafa escolleu varios contos na biblioteca para lerlle á súa afillada lectora María.
Karen escolleu, con moita ilusión, tres contos na biblioteca para elixir o lectura que imos desfrutar todos e en especial os seus afillados Yerai e Paola.
O 15 de marzo, Ainara contou "Pequeno azul e pequeno amarelo" para todo o alumnado de 1º2º E.P. e en especial para Martín e Carla, os seus afillados lectores. Gustoulles moito!
Martín e Carla elaboraron na aula, coa axuda da mestra Susana, uns fermosos agasallos.
Ainara escolleu na biblioteca varios contos para lerlle aos seus afillados Martín e Carla e o que máis lle gustou foi "Pequeno azul e pequeno amarelo".
Escollendo os libros na biblioteca...
Rexistrando o préstamo no caderno de "Apadriñamentos lectores".
O xoves 10 de marzo o alumnado de Infantil escoitou o conto "Chibos, Chibóns" contado por Inés, a madriña lectora de Noa e Fran. Gustoulles moito e como mostra de cariño elaboraron uns debuxos para Inés.
De parte de todo o alumnado de 6º de Infantil e en especial de Noa e Fran.
Premendo na imaxe, accederás aos debuxos.
Inés, a madriña lectora de Noa e Fran, escolleu varios contos na biblioteca para lerlle aos seus afillados lectores.
O martes 8 de marzo, Daiana contou para todo o alumnado de 1º2º E.P. "Gatiño e a neve". Gustoulles moito!
Os seus afillados Ainara e Nicolás, fixéronlle, con moito cariño e ilusión, cadanseu agasallo elaborados na aula coa axuda da súa mestra Susana.
A Daiana, madriña lectora de Ainara e Nicolás, gústalle moito o conto "Gatiño e a neve" e quere compartilo con todos nós, e en especial cos seus afillados lectores.
Aquí está escollendo os libros na biblioteca:
O venres 4 de febreiro repartirase o calendario de "Apadriñamentos lectores" ao alumnado de 5º e 6º E.P. que participan na actividade. Estará exposto na biblioteca e nas aulas de Infantil, 1º 2º, 5º e 6º E.P.
O martes, 8 de marzo inician os "Apadriñamentos lectores".
As "madriñas lectoras" e "padriños lectores" de 5º E.P. len os martes aos "afillados e afilladas" de 1º e 2º E.P.