xoves, 27 de febreiro de 2020

TEMPOS DE ROSALÍA. VOLUNTARIADO

Na semana dedicada a Rosalía, do 17 ao 21 de febreiro,  todo o alumnado do Voluntariado participou facendo unha sinopse da vida da poeta. O 27 de febreiro gravouse o vídeo e decoráronse as camisetas que utilizaron na actividade que se titula: 
 Tempos de Rosalía

Os equipo de biblioteca e Dinamización da Lingua agradecen ao Voluntariado a súa implicación nas actividades propostas para a celebración do Día de Rosalía. 
Desfrutade o vídeo!

venres, 21 de febreiro de 2020

Andrea, Shamira, Raquel e Jesús

Do 17 ao 21 de febreiro foi a quenda de Andrea, Shamira, Raquel e Jesús. 
Foi unha semana de moito traballo...A parte de moitas  actividades do día a día na biblioteca, axudaron a preparar o recuncho lector de Rosalía e entregaron o correo da Curuxa lendo  a carta nas aulas. 


martes, 18 de febreiro de 2020

CELEBRACIÓN DÍA DE ROSALÍA. CORREO DA CURUXA

Cada 24 de febreiro celébrase o nacemento de Rosalía de Castro, a poeta de referencia da literatura galega. 
Shamira, Jesús, Raquel e Andrea ( alumnado Voluntariado) repartiron  e leron a carta da Curuxa en cada unha das aulas, o martes 18 de febreiro,  para informar dunha actividade colaborativa titulada "NOS MUÍÑOS ROSALÍA, UN ANACO DA SÚA ALMA, UN ANACO DE POESÍA".

Aquí está Jesús e Raquel lendo a carta.

luns, 17 de febreiro de 2020

Andrea, Raquel, Shamira e Jesús

O 27 e 28 de febreiro están de quenda Andrea, Raquel, Shamira e Jesús. Foron dous días de moito traballo porque celebramos o Día de Rosalía. 
Prepararon a carta da Curuxa e fixeron o reparto do correo polas aulas, lendo a carta para informar das actividades. Tamén leron na biblioteca porque estaba de xuntanza o club de lectura. 



















Lendo a carta da curuxa ao club de lectura.
Prepararon as camisetas para o día 28 porque presentaron a actividades do Día de Rosalía. 
Aquí están ensaiando a presentación.

venres, 14 de febreiro de 2020

LECTURAS COMPARTIDAS

Os luns e venres, na Hora de Ler, os padriños e madriñas ( alumnado de 5º e 6º E.P.) van ler ás aulas dos afillados ( alumnado de Infantil e 1º- 2º E.P.). Cando vai bo tempo, saen ao patio.
Premendo en cada unha das imaxes verás fotos da actividade.

FEBREIRO

VENRES 7 

LUNS 10

VENRES 14 

Iván, Gabriela, Yaiza e Carla

Do 10 ao 14 de febreiro foi a quenda de Iván, Gabriela, Yaiza e Carla. 

















venres, 7 de febreiro de 2020

xoves, 6 de febreiro de 2020

PREPARADOS, LISTOS, XA!

O padriños e madriñas xa teñen todo preparado para iniciar os apadriñamentos lectores. Mañá empezan a actividade.
Canta emoción!

mércores, 5 de febreiro de 2020

PREPARÁNDOSE PARA EMPEZAR...

Hoxe collen cadansúa mochila para levar os libros que van ler aos seus afillados e afilladas. 
Fan os préstamos e devolucións  nun caderno de rexistros elaborado para os apadriñamentos lectores.