Aquí temos a Mencía e Iván que estrean a actividade do Voluntariado, na semana que vai do 28 ó 31 de outubro. Estaban desexando empezar, moito lles tardaba...
Grazas por tanta ilusión e traballo e grazas, tamén, a Carla que é unha experta na xestión de préstamos e axudoulle aos seus compañeiros. Igualmente ós mestres de garda pola súa implicación na formación do Voluntariado.
Achégase o Samaín e aquí están as alumnas do Voluntariado elaborando materiais para a decoración da biblioteca.