luns, 29 de abril de 2019

Que ben se está cando se está ben!

As lecturas ao aire libre encántalles tanto aos padriños e madriñas coma aos afillados e afilladas. 
E aquí están desfrutando deste momento tan especial onde comparten contos, libros, ledicia, amizade e sobre todo, moito cariño.
Preme na imaxe se queres ver máis fotos.

venres, 26 de abril de 2019

O patio dos libros

Os luns e venres, na Hora de Ler, os padriños e madriñas de 5º e 6º  E.P. van as aulas de Infantil e 1º ciclo para lerlle aos afillados e afilladas. En días de sol, saen ao patio e a escena que se contempla é marabillosa. 
Preme na imaxe se queres ver máis fotos da actividade
Botádelle unha ollada ao vídeo!

xoves, 25 de abril de 2019

Tatiana, Marta, Emma Iria, Estela e Iván

Do 25 de abril ao 3 de maio inician a actividade os Auxiliares de biblioteca. Tatiana, Emma e Marta explican como se ordenan e colocan os libros na zona de Infantil a Estela, Iria e Iván que están moi atentos e con moi moita ilusión.                                                 


Ordenando...

Aquí están recibindo información de como se presta e devolve un libro.

mércores, 24 de abril de 2019

Auxiliares de biblioteca ( alumnado voluntario de 4º E.P.)

Aquí tedes ó voluntariado de 4º E.P. preparados para iniciar a súa andaina como Axudantes de biblioteca.
O noso agradecemento a Iria Sambade, Estela, Iván, Iria Haz, Carla, Yaiza, Mencía, Luc, Xavi, Sheila, Tamara e Xoel.

Voluntariado A+ e Auxiliares de biblioteca

Iniciamos 3º trimestre con novos axudantes de biblioteca ( alumnado voluntario de 4º de E.P.).
O Voluntariado A ( alumnado de 5º e 6º de E.P.) ascenden á categoría de A+. Ademais de axudar nas tarefas da biblioteca, agora formarán ós auxiliares.
Forman parte do Voluntariado A+:
  • Alumnado de 5º E.P.:
Emma Cortés Rey
Adela Soneira Barrientos
Zaira Toba Vilela
Yasmín Alamancos Graíño
Judith Martínez Papín
Valentina Sánchez Rey
Andrea Lema Soneira
Noa Búa Sar
Candela Pérez Louro
Grabriela Rey Carballo
  • Alumnado 6º E.P.:
Marta Caamaño Vigo
Tatiana Toba Rey
Sara Haz Vázquez
Alba Rodríguez Martínez
Johana Haz Sar
Gabriel Cernadas Martínez
Lucas García Luaces
Bruno Méndez Figueroa
Silvia Toba Corral

Inician a actividade como auxiliares de biblioteca:
  • Alumnado de 4º E.P.
Iria Sambade Barcia
Estela Blanco Sambad
Iván Leis Busto
Iria Haz Sar
Carla Paz Martínez
Yauza Sar Sambad
Mencía de Vicente Martínez
Luc Pinzón Soto
Xavi Santos Ferreira
Sheila Eirín Moledo
Tamara Martínez Martínez
Xoel Lagoa Domínguez
Tedes á dereita da páxina o cadro de quendas do 3º trimestre. Por favor, botádelle un ollo e recordade que é moi importante a puntualidade. Revisade as normas do Voluntariado que están na entrada á biblioteca.
Moitas grazas, por tanto, por todo.

martes, 23 de abril de 2019

Voluntariado a ritmo de rap

Marta, Silvia e Sara, alumnas do Voluntariado, inventaron unha canción para a celebración do Día Internacional do Libro. Contaron coa axuda e colaboración de Mencía, Carla, Tamara e Estela, alumnas de 4º E.P., que acaban de iniciar a súa andaina como Auxiliares de biblioteca. 
A canción titúlase:
 "En galego, nós, lemos"

venres, 12 de abril de 2019

Sara, Judith, Yasmín e Gabriel

Sara, Yasmín, Judith e Gabriel dan fin a este cuatrimestre. Estiveron atarefadas na biblioteca do 8 ao 12 de abril.


















Lecturas compartidas

Os luns e venres o alumnado de 5º e 6º E.P. vai ler ás aulas de Infantil e 1º-2º E.P. 
Preme en cada imaxe para ver máis fotos.
Luns, 25 de febreiro
Luns 11 marzo
Venres 15 marzo
Luns 18 de marzo
Venres 22 de marzo
Luns 25 de marzo
Venres 29 de marzo
Luns 1 de abril
Venres 5 de abril
Luns 8 de abril
Venres 12 abril

Mural Día do Libro

Silvia, Marta e Sara, alumnas do Voluntariado elaboraron un marabilloso mural para o Día do Libro. Ao equipo de biblioteca gustounos moito e imos poñelo de fondo o vindeiro 23 de abril cando fagamos o maratón de lectura. 
Preme na imaxe para ver fotos da actividade.
Moitas grazas!!