Gabriel, Tatiana, Emma e Judith están preparadas para atender á biblioteca do 12 ó 16 de novembro. Ilusión e ganas, coma sempre, non faltan. Moitas grazas polo voso traballo.
Como xa é habitual, organízanse moi ben e entre eles deciden quen se ocupa de cada zona da biblioteca.
Emma decantouse pola zona de ordenadores da biblioteca.
Gabriel está na zona da aula Tic- Tac observando e procurando axudar sempre que é necesario.
A Tatiana gústalle moito levar o control de préstamos e devolucións. Ocúpase tamén da zona de consulta, axudando sempre que llo piden.
A Judith gústalle ordenar libros, sobre todo na zona de Infantil.