venres, 21 de decembro de 2018

O Voluntariado presenta o Festival de Nadal

O 21 de decembro celebramos o fin do trimestre co Festival de Nadal "Con nome de muller". Un momento para compartir coas familias e cos compañeiros o que levamos traballado este trimestre.
Preme aquí para ver o programa de actividades.
Presentan o festival 5 alumnas do Voluntariado de lectura: Judhit, Marta, Valentina, Alba e Tatiana.

Preme AQUÍ se queredes  ver o ben que o fixeron. 
Moitas grazas pola vosa axuda e colaboración.
O Voluntariado tamén axudou na decoración do pabellón:

xoves, 20 de decembro de 2018

venres, 14 de decembro de 2018

Silvia, Johana, Yasmín e Noa

Do 3 ao 14 de decembro foi a quenda de Silvia, Johana, Yasmín e Noa.


















Organizando e ordenando a zona de teatro
 Atendendo ós préstamos, devolucións...
Colaborando nas actividades de dinamización

venres, 30 de novembro de 2018

Bruno, Alba, Zaira e Adela

Do 26 ao 30 de novembro foi a quenda de Bruno, Alba, Zaira e Adela.




















Chegaron uns paquetes con material para a biblioteca e axudaron a organizalo. 

 Bruno aclara unha dúbida a un compañeiro que está facendo un traballo para a aula.
 Zaira é a encargada dos préstamos. En este momento está anotando no Meiga, a cantidade de persoas que hai na biblioteca.

venres, 23 de novembro de 2018

venres, 16 de novembro de 2018

Gabriel, Tatiana, Emma e Judith

Gabriel, Tatiana, Emma e Judith están preparadas para atender á biblioteca do 12 ó 16 de novembro. Ilusión e ganas, coma sempre, non faltan. Moitas grazas polo voso traballo.

















Como xa é habitual, organízanse moi ben e entre eles deciden quen se ocupa de cada zona da biblioteca. 
Emma decantouse pola zona de ordenadores da biblioteca. 
 Gabriel está na zona da aula Tic- Tac observando e procurando axudar sempre que é necesario.
 A Tatiana gústalle moito levar o control de préstamos e devolucións. Ocúpase tamén da zona de consulta, axudando sempre que llo piden.
 A Judith gústalle ordenar libros, sobre todo na zona de Infantil.

venres, 9 de novembro de 2018

Johana, Marta, Candela e Gabriela

Do 5 ao 9 de novembro foi a quenda de Johana, Marta, Candela e Gabriela.



















Foi unha semana de moito traballo: ordenar e organizar libros, préstamos, axudar ós compañeiros...

venres, 2 de novembro de 2018

Alba, Gabriel, Andrea e Noa

Do 29 de outubro ó 2 de novembre foi a quenda de Alba, Gabriel, Andrea e Noa. 




















Acordaron entre eles ocuparse cada un dunha zona da biblioteca:

venres, 26 de outubro de 2018

Sara, Lucas, Yasmín e Judith

Do 22 ó 26 de outubro foi a quenda de Sara, Lucas, Yasmín e Judith. 
Sara e Lucas xa son veteranos. Para Yasmín e Judith é a súa primeira experiencia como axudantes. O curso pasado iniciáronse como auxiliares.
O mércores 24, coincidindo co Día das Bibliotecas Escolares , o Voluntariado tivo que repartir as mochilas viaxeiras, dúas en cada aula, unha vermella e outra azul.
Grazas a todos polo voso traballo!