luns, 29 de maio de 2017

Sara, Saray, Noa e Johana

Na semana que vai do 22 ao 26 de maio estiveron de axudantes veteranas: Sara, Saray e Noa. Johana estrouse como auxiliar. Gústalle moito as actividades da biblioteca, di que para o próximo curso quere anotarse no voluntariado. Moitas grazas a todas.                    

















domingo, 21 de maio de 2017

Manuel, Alejandra, Kevin e Lucas

Do 15 ao 19 fixemos cambios nas quendas porque o alumnado de 6º vai na vindeira semana de excursión. Esta semana están de axudantes Manuel, Alejandra, Kevin e Lucas. Grazas polo voso traballo e a Lucas por tanta ilusión, estaba desexando que chegara esta semana para estrearse como auxiliar de biblioteca.

















domingo, 14 de maio de 2017

Saray, Javier, Paula e Gabriel

Na semana que vai do 8 ao 12 de maio, é a quenda de Saray, Javier, Paula e Gabriel. 
A verdade é que se organizaron moi ben e distribuiron o traballo: colocaron libros nos andeis, ensinaronlle moitas cousas a Gabriel, ordenaron a biblioteca, atenderon os préstamos e devolucións...Así da gusto!
Moitas grazas por tanto traballo e ilusión!                                        

















mércores, 10 de maio de 2017

Laura, Sandro, Carla e Aarón

Do 2 ao 5 de maio estiveron de axudantes Laura, Carla, Sandro e Aarón. Foi unha semana de bastante traballo pero organizáronse moi ben. Os tres veteranos ensináronlle moitas cousas a Aarón, que é principiante na materia. Moitas grazas por tanta ilusión e traballo.


             
                                                                          

martes, 2 de maio de 2017

O patio dos libros

Os martes e venres, na hora de ler, os padriños e madriñas de 5º e 6º van as aulas de infantil e 1º ciclo para lerlle aos afillados e afilladas. En días de sol, saen ao patio e a escea que se contempla é marabillosa. Botádelle unha ollada ao vídeo, vale a pena!

luns, 1 de maio de 2017

Ainhoa, María e Marta

Do 24 ao 28 de abril estiveron de axudantes de biblioteca Ainhoa, María e Marta. Aínda que foi unha semana de moito traballo, leváronno moi ben. Ainhoa e María son expertas e Marta aprende moi rápido. Grazas polo voso traballo.