Do 13 ao 17 de febreiro estiveron de axudantes Saray e Paula. Foi unha semana bastante tranquila, e Saray aproveitou a ocasión para explicarlle con calma a xestión dos préstamos e devolucións a Paula que foi a súa primeira experiencia como axudante de biblioteca. Saray explicou moi ben e Paula aprendeu moi rápido. Moitas grazas polo voso traballo.
mércores, 22 de febreiro de 2017
martes, 14 de febreiro de 2017
Saray e Sara
Xa estamos en febreiro. Na semana do 6 ao 10 foi a quenda de Saray e Sara.
Saray xa é unha experta na materia e enseguida puxo ao día a Sara. Compenetráronse moi ben e fixeron un gran labor. Grazas ás dúas.
María e Sandro
Na semana que vai do 30 de xaneiro ao 3 de febreiro estiveron de axudantes María e Sandro.
María xa estivo o ano pasado como axudante de biblioteca pero pasou moito tempo e tiña algunhas cousiñas esquecidas. Púxose ao día enseguida coa axuda do seu compañeiro e das mestras de garda. Grazas polo voso traballo e grazas, coma sempre, ás mestras de garda pola súa implicación.

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)