luns, 30 de xaneiro de 2017

Lucía e Ainhoa

Na semana que vai do 23 ao 27 de xaneiro estiveron de axudantes Ainhoa e Lucía. Que maneira de traballar.... A verdade é que
estiveron moi compenetradas. 
O voluntariado ten unha función nova, repartir o correo da Curuxa Catuxa polas aulas na hora de ler. 
Tocou repartir correo así que estrearon as viseiras  e moi contentas saíron da biblioteca camiño das aulas. Moitas grazas polo voso traballo.













    



domingo, 29 de xaneiro de 2017

Adriana e Carla

Na semana que vai do 16 ao 20 de xaneiro tocoulle a quenda a Adriana e Carla. Coma sempre, non faltaron ganas nin ilusión. Seguimos na mesma liña do primeiro trimestre. Dá gusto ter axudantes tan eficientes e con tantas ganas de aprender. Moitas grazas ás dúas e tamén, coma sempre, ás mestras Lidia e Rosa pola súa paciencia e implicación.

xoves, 26 de xaneiro de 2017

Voluntariado 2º trimestre


Hoxe, 26 de xaneiro, a Consellería  publicou a relación de centros adheridos na iniativa "Voluntariado de lectura A". Se premedes aquí, podedes ver que nesa relación de centros inscritos estamos nós.

Rematamos as quendas do primeiro trimestre no que o voluntariado de 6º fixo un gran labor, colaborando con moita ilusión desde o primeiro día, procurando aprender algo novo cada recreo. 

Iniciamos o 2º trimestre con novos voluntarios. 


Sete alumnas de quinto queren formar parte do voluntariado. Para algunhas xa é o 2º curso e outras estréanse como axudantes de biblioteca.
Este segundo trimestre iniciamos novas quendas co alumnado de 5º e 6º. Os máis veteranos axudarán aos máis pequenos e xuntos faremos un bo traballo.
Moitas grazas a todos pola vosa colaboración. 


sábado, 14 de xaneiro de 2017

Laura e Kevin

A semana do 9 ao 13 de xaneiro estiveron de axudantes Laura e Kevin. Chegaron coas pilas cargadas e falta fixo, porque foi unha semana de moito choio... Moitas grazas polo voso traballo. Grazas tamén, coma sempre, ás mestras de garda, neste caso a Isabel e Lidia,  pola súa implicación  na formación do voluntariado.