Do 12 ao 16 de novembro tocoulles a quenda a Damián e a Lara. Coma o resto dos compañeiros, chegaron con ilusión e moitas ganas. As mestras de garda, Rosa, Isabel e Lidia, botaronlles unha man e axudaron a refrescar a memoria. Grazas polo voso traballo e grazas tamén ás mestras pola súa implicación na formación do voluntariado.
domingo, 18 de decembro de 2016
domingo, 11 de decembro de 2016
Saray
O 7 e o 9 de decembro estivo de axudante Saray. Xa é unha experta e non tivo problema en afrontar o traballo ela soa. Non precisou da axuda das mestras de garda porque practica moi a miúdo, pois sempre se mostra voluntaria en todos os recreos para axudar nas tarefas da biblioteca. Moitas grazas Saray.
luns, 5 de decembro de 2016
Saray e Eloy
Na semana que vai do 28 de novembro ao 2 de decembro, estiveron de axudantes Eloy e Saray. Como o resto dos compañeiros chegaron con moita ilusión e ganas. As mestras de garda, neste caso Aurelia e Lidia, sempre lles botan unha man axudándolles nos préstamos e devolucións, a gardar libros... O primeiro día failles falta porque non recordan ben o que xa tiñan aprendido nos cursos anteriores. Moitas grazas polo voso traballo e grazas tamén a Aurelia e a Lidia.
domingo, 27 de novembro de 2016
Guía do auxiliar de biblioteca para o curso 2016/17
Aquí tedes a guía de axudantes de biblioteca. Por favor, botádelle unha ollada, axudará a recordar o esquecido.
domingo, 20 de novembro de 2016
Manuel e Claudia
Na semana do 14 ao 18 de novembro foi a quenda de Claudia e Manuel. Foi unha semana de moito traballo porque houbo moitos préstamos e devolucións. Non daban feito porque xa non se acordaban da súa xestión pero a mestra Rosa, que estaba de guardia, botoulles unha man para recordar e reforzar o que tiñan esquecido. Enseguida se puxeron ao día e a verdade é que traballaron moitísimo. Gracias polo voso traballo e grazas tamén á mestra Rosa.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)