luns, 13 de outubro de 2014

Daniela e Ainhoa


Nesta semana que vai do 13 ao 17 de outubro, as auxiliares de biblioteca serán Daniela e Ainhoa. Para as dúas tamén é o seu terceiro curso como auxiliares, e agardamos que o último na nosa escola! Grazas polo voso traballo. 
O que máis lle gusta facer a Ainhoa é usar o ordenador, e o que menos, colocar os libros no estante, porque é moi complicado.

martes, 7 de outubro de 2014

Guía do auxiliar de biblioteca para o curso 2014-15

Xa está lista a guía dos axundantes da biblioteca. Podedes vela con detalle aquí. Tamén quedará "insertada" na columna da dereita.

Comezamos!



Esta semana comezan de novo as quendas de auxiliares de biblioteca. Desde o 6 ao 10 de outubro Nerea Caamaño e Nuria Caamaño colaboran coa biblioteca prestando e devolvendo libros, e colocándoos nos seus andeis. Moitas grazas ás dúas. 
O que máis lle gusta a Nerea da biblioteca é poder ler libros, e a Nuria ordenar as películas e utilizar os ordenadores. As dúas están dacordo en que o menos lles gusta facer é ordenar os libros.