Xa temos confianza. Ocupamos o lugar, a nosa ampla biblioteca.
AXUDANDO E COMPARTINDO
Blog do Voluntariado A,D, A+ do C.E.I.P. "Os Muíños"
xoves, 8 de febreiro de 2024
venres, 2 de febreiro de 2024
SEGUNDA XORNADA: 2 DE FEBREIRO
Despois do primeiro encontro o pasado martes, cheo de expectativas e emoción, hoxe reencontrámonos padriños e afillados. Imos disfrutar lendo e escoitando...
martes, 30 de xaneiro de 2024
Voluntariado D: Primeira Xornada
Hoxe comezamos os apadriñamentos lectores. Deixamos aquí o video que recolle os mellores momentos dos apadriñamentos de 5º de E.P. Eles e elas inícianse nesta tarefa, na que algún día foron afilladas e afillados.
venres, 26 de xaneiro de 2024
"APADRIÑAMENTOS LECTORES"
Neste segundo trimestre demos comezo, na semana do 22 ao 26 de xaneiro, a unha actividade que lle encanta ao alumnado, os "Apadriñamentos Lectores"( Voluntariado D). O alumnado de 5º e 6º comparte lecturas, na "Hora de Ler" co alumnado de Infantil e 1º-2º E.P.
Os maiores ( 5º e 6º E.P.) adoptan o papel de padriños e madriñas e os pequenos ( Infantil e 1º 2º E.P.) de afillados e afilladas.
A actividade desenvólvese nas aulas dos afillados/as e na biblioteca.
As "madriñas lectoras" e "padriños lectores" de 5º E.P. len os venres aos "afillados e afilladas" de 1º e 2º E.P.
luns, 16 de outubro de 2023
luns, 9 de outubro de 2023
INSCRIPCIÓN VOLUNTARIADO DE LECTURA - A
O alumnado de 5º e 6º E.P. tivo unha sesión formativa sobre Voluntariado de Lectura - A ( axudantes de biblioteca).
A continuación, pasóuselles unha folla de inscripción. En total anotáronse 9 alumnos/as: 4 de 5º E.P. e 5 de 6º E.P.
Aquí tedes o resultado:
venres, 26 de maio de 2023
Compartindo lecturas...( 5º E.P.)
O venres, 26 de maio, novo encontro dos padriños e madriñas de 5º E.P. cos seus afillados e afilladas de 1º e 2º E.P.